domingo, 15 de febrero de 2009

OS POLÍTICOS NON SE ENTERAN








"E ese cambio?" diredes, meus queridos amigos. Pois ben, é que, eu, é escoitar ao señor Touriño, e váiseme a cabeza a expresarme en galego; debe ser para intentar arranxar o que vai destrozando mentres fala. E como eu son unha total defensora das linguas como medio de comunicación pois resulta que me apunto a todas aquelas nas que me podo entender. Ogallá fosen máis!.

Pero este home , que seica foi un universitario de pro, un economista ilustre, etc, ou ten un oído desastroso ou moi pouco interese porque os seus paisanos, os que el quere que lle voten e confíen nel, se enteren de algo do que di.

Así foi sempre. Pero agora adícase a "campañear" o ben que o fixo no seu mandato, non só con respecto ao galego , senon coas línguas extranxeiras. Resumindo unha entrada publicitaria desas que un escoita por casualidade: os estudantes pre-Touriño non eran capaces de "farfullar" máis que dúas palabras en inglés, ou cantar como as orquestras de hai anos ( aichechechulofmi). Pero chegou o gran Mestre, coa súa xenerosidade, e mandou a 2.000 nenos galegos ó estranxeiro durante tres semanas... ABRACADABRA. Os nenos galegos xa son bilingües!!!!!!!

Está claro que , nestes tempos de crise, debería eliminar aos profesores e mestres que traballan día a día empregando as linguas estranxeiras, viaxando pola súa conta (polo da inmersión propia)e intentando non perder o fío das tecnoloxías.

Señor presidente, sinto quitarlle mérito, pero os alumnos que mandou a eses programas de inmersión sabían xa bastante máis inglés do que vostede pensa, e , por suposto, bastante máis galego. Os profesores tamén facemos o noso traballo, pero como non temos que participar en campañas...

Por suposto, que ese plan de inmersión é estupendo, pero en 3 semanas non se aprende unha lingua. (Pense vostede nos anos que leva...



O seguinte non o dixen eu.








Plurilingüismo“A segunda gran aposta educativa do meu goberno foi a promoción do
plurilingüismo

O que eu lle propoño á sociedade galega é avanzar cara un sistema educativo plurilingüe. E isto pola sinxela razón de que nunha sociedade aberta, nunha economía global e na Unión Europea é absolutamente necesario poder comunicarse en, polo menos, unha lingua estranxeira.Touriño explicou que “nesta lexislatura, e por primeira vez na historia da autonomía, o goberno galego puxo en marcha unha batería de medidas para fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras, son medidas como os programas de anticipación e inmersión temperá (destinadas a nenos moi pequenos), a creación de seccións bilingües (que alcanzan na actualidade a 10.000 alumnos), ou as bolsas e actividades estivais de campamentos e estancias no estranxeiro para alumnos de primaria, secundaria e bacharelato”.










2 comentarios:

  1. Anónimo21:34

    Profes,What for? Gracias al milagro presidencial todos bilingües(como mínimo)in no time.
    Considera seriamente la sugerencia de escribir as a profession por si nos quedamos
    unemployed.
    Buenísimo lo de Jujel Jalisia!
    Victoria.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo14:13

    Mi queridísima blogera, ¡cuanta razón tienes!
    ¡Hasta los "güevos" teníamos que estar de políticos de medio pelo que se dejan asesorar por putos ineptos. O, ¿cómo, si no, se podría catalogar a quien realiza un spot de publicidad electoral con un mensaje de fondo tan mezquino?
    Y luego, largan con la boca llena albanzas tales como que los docentes somos gentes de izquierdas dada nuestra formación y nuestra capacidad crítica. ¡Nos han jodido!¡Pues claro que somos de izquierdas!... Y hasta críticos; y sabemos que con este tipo de publicidad engañosa y falsa, Sr Touriño, da usted a entender que, a pesar de los docentes, y, por supuesto, con sus maravillosas y generosas becas, nuestros estudiantes e hijos, jamás volverán a tener problema alguno con las lenguas extranjeras. Vaya usted más allá, incluso: reconvierta a los profesores de lenguas estranjeras en docentes de lingua galega y, de paso, matricúlese usted de oyente en dicha materia. No le vendría nada mal, por cierto.
    Sr Touriño, claro que vamos a votar a la izquierda, a pesar de usted.
    Sigue en esta línea Eviña. ¡Leña al mono!
    Un beso con lengua.

    ResponderEliminar

Amables e interesantes opiniones: